En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A afección barquense enche as bancadas de Calabagueiros

O C.D. Barco caía 1-2 ante un Silva pelexón na xornada 32ª en terceira autonómica

Non pudo ser. Despois das dúas vitorias e outros tantos empates no mes de marzo, o C.D. Barco de Javi Rey inauguraba abril cunha dura derrota en casa ante o Silva, no partido disputado na tarde do domingo día 2.

Ás cinco e media comezaba en Calabagueiros o partido correspondente á xornada 32ª en terceira división e o gol de David Álvarez para os locais no minuto 20 poñía á bancada (coma sempre animada) en pé. Pero os xogadores do Silva non se conformaron e pelexaron polo empate que chegaba no minuto 44 co gol de Daniel Sicardi.

Co xarro de auga fría para os vermellos chegaba o tempo do descanso e ao regreso as cousas no melloraron para os locais que tentárono unha e outra vez, con máis dunha ocasión frustrada pola desfensa e mesmo polo gardameta coruñés. Pode que o empate houbera sido o resultado máis xusto pero no minuto 68 o gol visitante de David García rompía as esperanzas do club barquense de sumar. Aínda o intentaron pero a barreira dos coruñeses foi infranqueable. Ao final co 1-2 no marcador o C.D. Barco descende ata o posto 13º á espera do que aconteza na visita ao campo do Vilalbés (4º clasificado) o vindeiro domingo.

Os resultados non sempre acompañan ao xogo pero se hai algo que segue marcando a diferencia en Calabagueiros é o respaldo da afección ao C.D. Barco. E xa non só se trata de xente que vai cos amigos senón que nas bancadas poden verse familias enteiras. Avós e pais que levan aos seus fillos ao fútbol, a desfrutar dunha bonita e agradable tarde de deporte, aínda que nesta ocasión non puderan vibrar coa vitoria dos vermellos. Para outra vez será.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button