DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A afección portuguesa apoia á súa selección de fútbol na final da Eurocopa

Numeroso público seguíu no bar Xanadú do Barco o partido entre Portugal e Francia A final estivo moi reñida. De feito non sería ata a segunda parte da prórroga cando Eder marcaba para a Selección de Portugal ante a de Francia. E así, co 1-0 no marcador, Portugal convertíase na flamante campiona da Eurocopa de fútbol 2016.

Moitos foron os afeccionados que seguiron a final disputada na tarde-noite do domingo 10 de xullo por televisión. Entre eles un numeroso grupo que con bandeiras e camisetas disfrutaban do encontro e máis tarde celebraban a vitoria, no bar Xanadú, no Barco de Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button