DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Afeccionados valdeorreses, no campionato do mundo de motocross celebrado en Portugal

O piloto lucense de KTM  Jorge Prado subía ao alto do podio en MX2

Un gran ambiente se vivía a pasada fin de semana no campionato do mundo de Motocross que se desprazaba ata Portugal para disputar a quinta ronda da tempada. O Circuíto de Agueda convertíase así nun gran desafío para a maioría dos pilotos xa que era un trazado moi técnico, aínda que para Jorge Prado foi perfecto, vencendo en MX2 e anotándose o segundo Gran Premio da tempada.

O piloto galego de KTM conseguíu a pole na xornada do sábado anotándose o primeiro holeshot, despois de liderar a carreira de principio a fin. Na segunda xornada repetíase a historia e Jorge Prado volvía anotarse o holeshot, sumando o quinto desta campaña.

Para volver a ver aos pilotos do Mundial de Motocross en acción haberá que esperar ata a sexta ronda da tempada que se disputará en Rusia do 30 de abril ao 1 de maio, pero moitos afeccionados achegáronse ata Agueda para ver gañar ao piloto lucense. Entre eles os valdeorreses Alfredo e Carlos que asisten a todas as probas deste nivel que se celebran na península.

Fotos cedidas por Carlos Conde.

Artigos relacionados

Back to top button