SanidadeÚltima hora

Afondan no estudo da flora intestinal na procura da orixe e mellora diagnóstica do cancro de colon

A Área Sanitaria de Ourense participa con centros de investigación biomédica de Cataluña, Madrid, Valencia e Andalucía nun proxecto liderado Vall d’ Hebron Instituto de Oncoloxía (VHIO)

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Os Servizos de Oncoloxía e Anatomía Patolóxica da Área Sanitaria de Ourense participa nun ambicioso proxecto de investigación, coordinado polo Vall d’ Hebron Instituto de Oncoloxía (VHIO), que ten por obxectivo afondar na orixe do cancro de colon e desenvolver novos modelos diagnósticos, mediante o estudo da flora intestinal ou microbiota, en concreto dunha das bacterias que a compoñen, a Fusobacterium.

Estudos recentes, deste mesmo grupo de traballo, estableceron unha asociación entre o cancro colorrectal e a abundante presenza da bacteria Fusobacterium Nucleatum, que se atopou tanto en mostras de cancro localizado ou inicial como, en estadios avanzados, en órganos afectados por un tumor secundario, ou metástase, como no fígado. Por elo, investigar o papel desta bacteria no seu desenvolvemento ou extensión será clave para crear novos marcadores diagnósticos, prognósticos, ou incluso vías de prevención.

Fusomap, como se chama esta iniciativa, dirixida polo Dr. Paolo Nuciforo do (VHIO), foi seleccionada para recibir unha bolsa nas “XVII Axudas á Investigación en Saúde da Fundación Mutua Madrileña”, que servirá para desenvolver este proxecto colaborativo no que participa a Dra. Ana Fernández Montes, do Hospital Universitario de Ourense, xunto a profesionais dalguns dos institutos de investigación biomédica mais prestixiosos do país como o Catalán de Oncoloxía e de Bellvitge (ICO–IDIBELL); de Córdoba (IMIBIC); do Valdecilla de Santander (IDIVAL); do Clínico de Valencia (INCLIVA); e do Gregorio Marañón de Madrid (IISGM).

¿“Oncomicrobio” ou axente canceríxeno?

O punto de partida da investigación é coñecer se a presenza da Fusobacterium pode contribuír directamente no desenvolvemento do cancro de colon, ou ben favorecer a súa extensión e, en suma, saber se este compoñente da flora intestinal é un axente carcinóxeno, ou incluso “oncomicrobio”.

Confirmar esta hipótese suporía un fito no tratamento do cancro colorrectal, xa que de ser así, poderíase dispoñer de novas vías diagnósticas, por exemplo, avaliando o risco de desenvolver cancro medindo a súa presenza, ou tamén previlo fixando determinados compoñentes do microbioma en dianas ás que atacar con novos fármacos.

Fusomap tamén permitirá saber saber se existen diferencias na presencia desta bacteria da flora intestinal en función da distribución xeográfica, grazas a participación de mil pacientes de diferentes centros e comunidades. É un aspecto especialmente interesante, tendo en conta as grandes diferencias na incidencia do cancro de colon en España, país onde máis está a crecer a nivel europeo.

O colo-rectal é o tumor mais frecuente en España. En 2022 estimase se darán 43.370 novos casos. Non sí, as taxas de incidencia son moi dispares entre comunidades e incluso provincias. Así, a taxa de incidencia estandarizada por idade respecto a a poboación mundial, en homes, variaba desde o 32.7 en Cuenca ata 50.2 en Tarragona, no período de 2003 a 2007. En mulleres, o rango varía desde 16.7 en Cuenca ata 27.6 en Tarragona.

150 participantes en Ourense

Para afondar no papel desta bacteria intestinal no cancro colorectal e a súa asociación coa resposta ao tratamento e a supervivencia, en Ourense seleccionaranse 150 pacientes, dos que 64 xa confirmaron e asinaron o seu consentimento para participación no estudo. Todos e todas foron diagnosticados de cancro localizado, dentro dos programas de cribado colorrectal.

Para a selección dos pacientes, e procurar as mostras tecido tumoral, que servirán para analizar o microbioma con técnicas altamente específicas a colaboración do Servizo de Anatomía Patolóxica é clave, moi especialmente grazas a implicación do equipo de técnicos superiores, en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico, persoal especializado que coordina María Luisa López Vega no Hospital Universitario de Ourense.

Igualmente os hábitos de vida, dieta etc. dos participantes será tamén un factor clave para avaliar os resultados a nivel xeográfico, tendo en conta as diferentes experiencias vitais, para o que realizaranse enquisas presenciais por parte de persoal cualificado, que tamén trasladarán información específica sobre dieta.

Artigos relacionados

Back to top button