CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Afondando na figura do farmacéutico José Casares Gil, na Biblioteca de Verín

Elena Falqué impartía unha conferencia sobre este personaxe galego na tarde do 8 de marzo no marco do ciclo “Termalismo de Verín, as orixes”

“José Casares Gil (1866-1961), químico e farmacéutico galego, promotor do avance do análise químico” era o título da conferencia que Elena Falqué, profesora Universidade de Vigo, daba na tarde do 8 de marzo na Biblioteca Municipal de Verín. Esta ponencia é a segunda que se realiza no marco do ciclo temático “Termalismo de Verín, as orixes”. A conferenciante era presentada pola concelleira de Turismo de Verín, Purificación Caldelas.

José Casares Gil (1866-1961), químico e farmacéutico galego, modernizou o ensino e a práctica da química, polo que foi o precursor do desenvolvemento actual da Química en España. Tamén foi autor do “Tratado de Análise Químico” e unha das súas liñas de investigación estaba centrada na análise das augas minerais.

No decurso da súa intervención, Falqué facía un percorrido pola súa vida, con breves apuntes dos seus traballos en tres laboratorios (Facultade de Farmacia de Barcelona, Facultade de Farmacia de Madrid e o Laboratorio Central de Aduanas) e das súas viaxes e colaboracións con científicos de Alemaña, principalmente, Francia e Estados Unidos, o que lle permitiu tecer unha importante rede internacional de contactos e que supuxo, xunto con numerosos compañeiros e alumnos, o inicio da escoa de investigación.

O ciclo de conferencias continuará mañá día 9 de marzo na Biblioteca de Verín con “Os Directores – Médicos e os balnearios de Verín”, unha ponencia de Juan A. Rguez. Sánchez, profesor Universidade de Salamanca.

Artigos relacionados

Back to top button