EconomíaEconomíaÚltima hora

AGA celebrará Día Mundial das Abellas cun concurso infantil e cun curso de apicultura

 

Con motivo da celebración o vindeiro 20 de maio do Día Mundial das Abellas, AGA (Asociación Galega de Apicultura) prepara, como cada ano, diversas actividades. “Nesta ocasión, ante a imposibilidade de facelo de forma presencial”, esta entidade decidiu convocar igualmente ao público infantil “a participar na celebración pero a distancia, enviando un debuxo sobre a importancia das abellas, que será publicado no facebook da asociación durante o Día Mundial das Abellas. E como recompensa, os participantes poderán visitar o museo O Enredo do Abelleiro en Arzúa coa súa familia de balde e recibir un agasallo con produtos das abellas, para o cal AGA contará coa importante colaboración do Museo O Enredo do Abelleiro e a cooperativa Erica Mel “.

Ademais, neste mes de maio AGA organizará un curso básico de apicultura online dirixido a persoas que queiran iniciarse ou actualizar coñecementos, que incluirá tamén prácticas presenciais durante o verán.

Debido á cancelación do programa de formación proposto para esta primavera, preparouse este formato alternativo para poder seguir ofertando esta formación tan demandada tódolos anos. O curso combinará a teoría online, a partir do 27 de maio cun mes de duración, e prácticas en apiarios durante o verán, nas que se seguirán as pautas indicadas polas autoridades sanitarias para protexerse ante o COVID-19. O prazo para inscribirse remata o 22 de maio.

Máis información na web de AGA www.apiculturagalega.es.

 

Artigos relacionados

Back to top button