Galerías de fotosÚltima hora

Agasallo ao CD Barco polo seu ascenso da Adega Virxen de Galir

Antes de comezar o adestramento da tarde do venres 5 de xuño, o CD Barco recibía un agasallo da adega barquense Virxen de Galir, que é un dos patrocinadores do equipo dende hai tempo. O seu responsable, David Barros, entregáballes a cada un dos xogadores e ao corpo técnico unha botella Magnum de Pagos de Galir. Deste xeito, a adega pretende agasallar ao conxunto barquense polo seu recente ascenso á terceira.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button