CulturaEducaciónÚltima hora

Agasallo para os gañadores triveses do rally matemático 2015

O Concello de Trives recibíu ao grupo formado por alumnos de 2º da ESO e profesores do IES Xermán Anconchea
Os gañadores do rally matemático co agasallo que lles entregaron no Concello.
Os gañadores do rally matemático co agasallo que lles entregaron no Concello.

Un grupo de nenos de 2º da ESO do IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives viaxaban en maio ata a cidade francesa de Toulouse para participar no Rally Científico e Matemático sen Fronteiras 2015. Alí xunto con outros catro centros de Galicia, entre os que esta o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras conseguiron acadar o primeiro premio.

Un mes despois, os concellos recibían aos gañadores para felicitalos polos logros acadados. Así, na mañá do martes, 23 de xuño, o equipo formado por Luis Ángel Álvarez, Marcos Fernández, Blas Méndez, Nuria González, Iria Álvarez, Selma Rodríguez, Lara Diéguez e Eva Quintela Baloira foi recibido, xunto con profesores (entre eles o director do instituto), no Salón de Plenos do Concello de Trives polo tenente de alcalde, a concelleira de Cultura e o Concelleiro de Educación, para felicitalos e facerlle entrega dun agasallo.

Artigos relacionados

Back to top button