DeportesÚltima hora

Agasallo valdeorrés para Laia Palau, capitana da selección feminina de baloncesto

 

Un seguidor e admirador valdeorrés da xogadora Laia Palau, capitana da selección española de baloncesto feminino absoluto, vén de agasallala cunha peza en madeira que lle encargaba a Artesanía Enxebre de Viloira (O Barco).

A xogadora, que nestes momentos está a disputar o Eurobásket feminino coa selección, que dirixe o técnico de orixe valdeorresa Lucas Mondelo; recibía emocionada e moi agradecida este agasallo, que lle fixo unha gran ilusión.

“Este agasallo é unha homenaxe a Laia que leva máis de 300 partidos coa selección e hai uns días tamén recibía a homenaxe do presidente da FIB como por ser a xogadora que leva máis partidos na Euroliga. Dunha maneira ou outra O Barco está coa Selección Española Feminina”, destaca este afeccionado que esta tarde estará nas bancadas de La Fonteta (Valencia), animando novamente ao combinado español que xogará os cuartos de final fronte a Serbia.

Artigos relacionados

Back to top button