PolíticaÚltima hora

AGE pide a continuidade do servizo de comedor no CEIP de Manzaneda

Vén de presentar unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia para debatir este tema en pleno
O deputado de AGE Ramón Vázquez, na "Merenda protesta" do CEIP Manzaneda.
O deputado de AGE Ramón Vázquez, na “Merenda protesta” do CEIP Manzaneda.

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) vén de presentar no Parlamento de Galicia, a través dos seus deputados Ramón Vázquez e Xabier Ron, unha Proposición non de Lei para o seu debate en pleno relativa ao peche do comedor escolar do CEIP de Manzaneda. No seu texto expoñen a profunda preocupación da comunidade educativa deste colexio ante as “intencións do goberno galego de pechar o comedor escolar do que dispón o centro, para establecer un servizo de comida transportada e precociñada a través dunha empresa das denominadas de catering”.

Tamén se incide en que o clexio de Manzaneda, situado en pleno Macizo Central nas Terras de Trives e un dos moitos concellos de montaña Galicia que atende a nenos e nenas maioritariamente transportados nunha zona cunhas comunicacións e climatoloxía adversas e cunha poboación dispersa. “O comedor escolar resulta por estas e outras moitas razóns, un servizo educativo complementario fundamental para aportar unha axeitada alimentación do alumnado escolarizado no CEIP Manzaneda, cunha dieta rica e variada con alimentos frescos adquiridos e mesmo producidos na zona”, indícase na proposición non de lei.

Por iso pídese manter o servizo de comedor “mediante xestión pública directa, co persoal, espazos e dotacións propios existentes no CEIP Manzaneda, evitando a supresión do persoal de cociña con destino neste centro”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button