CulturaCulturaÚltima hora

Agosto cultural en San Clodio

A Festa da Infancia e da Xuventude, na programación estival do Concello de Ribas de Sil
Praia fluvial de San Clodio (Ribas de Sil)./ Foto: Carlos G. Hervella.
Praia fluvial de San Clodio (Ribas de Sil)./ Foto: Carlos G. Hervella.

A praia fluvial de San Clodio, especialmente o anfiteatro, será o escenario que acollerá a maioría das actividades programadas dende o Concello de Ribas de Sil para as fins de semana do mes de agosto.

Unha programación que comezará máñá sábado día 1, co monólogo “Como Cho Conto” de Xan Veiga ás 22h. Ao día seguinte, domingo día 3, tocaralle o turno a Javier Muro co seu espectáculo de maxia “Alucina” ás 20h.

De cara á seguinte semana, o xoves día 13 de agosto celebrarase a Festa da Infancia e da Xuventude, con diferentes actividades pensadas para os máis novos. De 11:30 a 13:30 e de 17:30 a 20h. haberá inchables, fútbol humano, loita de gladiadores e a visita de Peppa Pig e Pluto, entre outros. Pola noite, a partires das 22:30h. terá lugar o festival “Luar e sons na beira do Sil 2015” coas actuacións de Laura Grandy (Alemania), Rhys Lewis (Inglaterra) e Tania Pereira Band (Asturias).

Cartaz do monólogo "Alberte Contador".
Cartaz do monólogo “Alberte Contador”.

Ao día seguinte venres 14, haberá unha xornada de orientación. Ás 18h. celebraranse xogos para os máis cativos (labirinto) e ás 20h. dará saída a carreira para tódolos públicos. Ese mesmo día a medianoite a Banda Folk de Ribas de Sil dará un concerto na praza do Concello. O sábado 15, a Coral Renfe actuará na igrexa parroquial de San Clodio (12:30h.), e o domingo 16, celebrarase a XXI Subida Ciclista a Torbeo (17:30h.)

As últimas fins de semana do mes, haberá un monólogo de Alberto Fernández Montes, “Alberte Contador” (o sábado 22 ás 22h.); malabares de Manicus (o domingo 23 ás 20h.); a actividade infantil “Rastrexo Pirata” de da man de Tusitala (venres 28 ás 11:30h.); e a actuación do contacontos Caxoto con “Contos de medo que deixan durmir” (domingo 30 ás 20h.).

Artigos relacionados

Back to top button