EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

A AGP homenaxea a Cristina Martínez con motivo da súa xubilación

Cristina Martínez, sostendo a placa, acompañada por memtros da directiva da Asociación Galega de Pizarristas e do Clúster da Pizarra de Galicia.

Despois de corenta anos desenvolvendo o seu traballo na sede da Asociación Galega de Pizarristas (AGP) en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), Cristina Martínez González vén de xubilarse. Con este motivo, dende a directiva da AGP rendíaselle unha homenaxe e o presidente do Clúster da Pizarra de Galicia e da AGP, Víctor Cobo, entregáballe unha placa. Neste acto tamén lle expresaba o seu agradecemento polos servizos prestados no sector ao longo destas catro décadas.

Artigos relacionados

Back to top button