OurenseÚltima hora

A AGP reúnese co subdelegado do Goberno en Ourense

sub1

Unha representación do sector galego da lousa reuníase o 29 de marzo na capital da provincia co subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro. Estaba formada por membros da Asociación Galega de Pizarristas (integrada no Clúster da Pizarra de Galicia), entre eles o seu presidente, Víctor Miguel Cobo Arias, e o seu xerente, Severino González Álvarez.

Os empresarios expuxéronlle ao subdelegado cuestións relacionadas co estado das vías de comunicación da comarca de Valdeorras, onde está centrada a actividade deste sector galego, a seguridade nas instalacións e a problemática do transporte deste tipo de mercadorías.

Foto cedida pola Subdelegación do Goberno en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button