ConcellosOurenseÚltima hora

Agricultura ecolóxica para festexar o Día da Terra

O centro de visitantes do Parque de Montealegre acollerá unha xornada sobre esta temática promovida dende a Concellería de Medio Ambiente de Ourense
Traballos nunha horta.
Traballos nunha horta.

Co gallo da celebración do Día da Terra o 21 de abril, a Concellería de Medio Ambiente de Ourense organiza unha xornada sobre Agricultura ecolóxica, que terá lugar de 16:00 a 19:00 horas no Parque de Montealegre. A iniciativa ten un carácter gratuíto e está dirixida ao públicio en xeral buscando achegar aos participantes os principios básicos da agricultura ecolóxica, fomentar
o intercambio de experiencias, e profundizar en aspectos como a importancia de utilizar sementes apropiadas, o xeito de plantar ou a elaboración de caldos de uso común en agricultura ecolóxicas.

Esta xornada será impartida por Xosé Méndez Álvarez, doutor en Botánica, con ampla experiencia no eido da agricultura urbana.
Comezará cunha pequena charla sobre preparación do solo, as principais pragas dos cultivos de horta, a elaboración de caldos minerais como abonos e fertilizantes e elaboración de caldos minerais utilizados como bioinsecticidas.

De seguido terá unha parte práctica, na que se amosarán os caldos vexetais, que se poderán levar para a casa os asistentes, ademais de utilizalos in situ nalgunha especie do parque botánico.

As persoas interesadas en participar poden incribirse na Concellería de Medio Ambiente, no teléfono 988 388135.
Tamen se poden anotar no centro de visitantes de Montealegre ao comezo da actividade.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button