OurenseÚltima hora

A Agrupación FotoSíntese de Ourense expón en Xinzo de Limia

A mostra de fotografía nocturna “Do Lusco Fusco ao Albor” permanecerá aberta ata o 31 de marzo no Casino
Fotografía do cartel promocional da exposición.

Ata o 31 de marzo permanecerá aberta nas dependencias do Casino Antelano de Xinzo de Limia (Rúa Dous de Maio), a exposición colectiva “ Do Lusco Fusco ao Albor”.

Da man da Agrupación FotoSíntese de Ourense, a mostra consta de 37 fotografías de 19 autores que teñen como fío condutor a fotografía nocturna nas súas diferentes variantes. Tal como explican dende o colectivo, “as persoas que se acheguen a vela poderán contemplar dende coñecidos monumentos e espazos do noso Ourense a imaxes do firmamento ou contextos e arquitecturas que a noite e as súas luces e sombras as convirten en lugares diferentes e seguro que o ollo do expectador atopará novas suxerencias e emocións ao contemplalas”.

 

Artigos relacionados

Back to top button