En portadaÚltima hora

Agustín González “Tinín”, presidente do Adas, será o pregoeiro das Festas do Cristo 2019

O pregón, previsto para o 13 de setembro ás 20:45 horas, marcará o inicio de cinco intensos días no Barco de Valdeorras

O presidente do Club Adas, Tinín González./ Foto: A.R.

 

O deportivo é sempre un apartado destacado do programa festivo do Cristo no Barco de Valdeorras e este ano aínda con máis razón xa que o seu pregoeiro é un referente do atletismo no só na vila barquense senón en toda a comarca e mesmo en Galicia.

Agustín González Ruíz, máis coñecido como Tinín, profesor, adestrador, presidente do Club ADAS e organizador de eventos deportivos; será o encargado de dar o pistoletazo de saída ás Festas do Cristo 2019. O acto terá lugar o venres 13 de setembro ás 20:45h. na praza Maior do Barco e a partir de aí sucederanse as propostas culturais, musicais, lúdicas e deportivas ao longo de cinco intensos días, ata o luns 16 de setembro, festivo local.

Así o avanzaban os concelleiros de Cultura e Deportes do Barco, Margarida Pizcueta e Aurentino Alonso, respectivamente, xunto ao alcalde do Barco, Alfredo García, na presentación que tiña lugar no mediodía do 29 de agosto, no Concello do Barco de Valdeorras.

Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/as-festas-do-cristo-2019-contaran-coa-actuacion-dunha-afamada-orquestra-cubana-so-de-mulleres/

Artigos relacionados

Back to top button