DeportesÚltima hora

Ainara Alejandre e Antón Vicente (Adas), convocados para a concentración galega do sector lanzamentos

Este encontro, organizado pola Federación Galega de Atletismo, terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de febreiro en Oleiros (A Coruña)
Atletas do Adas, nunha competición de disco celebrada a pasada tempada no Barco./ Foto: A.R.

A Federación Galega de Atletismo (FGA) vén de facer pública a listaxe de atletas convocados para participar na concentración galega do sector lanzamentos, que se celebrará do 1 ao 2 de febreiro en Oleiros (A Coruña). Nesa relación de atletas figuran dous do Club Adas do Barco.

Así a valdeorresa Ainara Alejandre Tato está convocada en dúas modalidades: as de martelo e disco Sub16. Ademais, o seu compañeiro no Adas Antón Vicente Polo está convocado na modalidade de disco Sub18.

Artigos relacionados

Back to top button