ConcellosÚltima hora

Aínda quedan entradas para a XVIII Festa do Botelo do Barco

Poderanse mercar o vindeiro luns 15 de xaneiro no 3º andar do Edificio Multiusos

Moito madrugaban os primeiros en facerse co número para coller as entradas para o xantar da XVIII Festa do Botelo que se  celebrará o 20 de xaneiro. Antes das sete da mañá xa había xente facendo cola no Teatro Lauro Olmo, pero foi entre as dez e as once da mañá cando se vendía a maior parte dos 1.150 tickets postos á venda.

Os encargados foron un ano máis José María Rodríguez, pregoeiro desta edición, e o propio alcalde do Barco Alfredo García e el mesmo explica que a diferenza do ano pasado, este ano a venda desenvolveuse sen presión. “Foi todo moi organizado e o groso da cola durou uns tres cartos de hora”, di, asegurando que “afortunadamente aínda queda algunha entrada”.

Unhas 90 son as que quedan aínda dispoñibles e poranse a venda o luns día 15 a partires das 10h. no 3º andar do Edificio Multiusos do Barco.

Máis información sobre o “madrugón do Botelo” no seguinte enlace: https://osil.info/o-madrugon-do-botelo/

Artigos relacionados

Back to top button