A xornada de campaña do 22 de maio, a catro días para as eleccións municipais, foi moi intensa na cidade de Ourense. A maioría dos partidos aproveitaban a transitada rúa do Paseo para amosar os seus programas aos viandantes, o BNG facía balance da campaña, o PSdeG-PSOE recibía o apoio da ministra de Traballo en funcións, o PP tiña o mitin central coa presenza de Alberto Núñez Feijóo, e Compromiso por Galicia contaba co apoio do deputado nacionalista vasco Aitor Esteban.
O voceiro do PNV no Congreso, visitaba a cidade das Burgas para arroupar a formación galega coa que comparte a Coalición por unha Europa Solidaria (CEUS), candidatura que este domingo concorre á eurocámara xunto a Coalicón Canaria. Xunto a Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso e número tres da candidatura europea, Esteban visitou a Praza de Abastos da cidade e tamén As Burgas, un dos emblemas turísticos das cidade e principal recurso termal.
Fotos: Carlos G. Hervella.