OurenseÚltima hora

AJE Ourense e Sabadell Gallego asinan un convenio de colaboración

Lois Babarro e Adolfo-García Ciaño.

Sabadell Gallego e a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense (AJE Ourense), que agrupa máis de 100 empresarios da provincia, veñen de asinar hoxe, 19 de febreiro, un convenio  no que esta entidade bancaria pon a disposición dos asociados un conxunto de produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións preferentes, adaptados á súa economía profesional e persoal, sendo extensibles as vantaxes tamén aos seus familiares e empregados.

Pola súa parte, AJE Ourense aumenta a súa oferta de servizos para que os asociados poidan acceder a unha ampla variedade de servizos financeiros moi competitivos e a un asesoramento financeiro personalizado en liñas subvencionadas, renting, factoring, confirming, tpv, etc.

O acorto era firmado na mañá de hoxe entre o presidente de AJE Ourense, Lois Babarro, e o director rexional de Sabadell Gallego no sur de Galicia, Adolfo García-Ciaño.

En concreto trátase dunha oferta global con produtos de aforro-inversión, de financiamento e de servizos.

 

Artigos relacionados

Back to top button