EconomíaEconomíaÚltima hora

A AJE premiará aos mellores xoves empresarios da provincia o 3 de novembro

O colectivo programa unha gala no Centro Cultural Marcos Valcárcel para recoñecer a traxectoria do mellor xoven empresario e da mellor iniciativa emprendedora deste 2016
Dende a esquerda, Germán Rodríguez, Lois Babarro e César González, antes de comezar a presentación dos premios.
Dende a esquerda, Germán Rodríguez, Lois Babarro e César González, antes de comezar a presentación dos premios.

A Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ourense presentaba na mañá do venres 14 de outubro a quinta edición dos seus Premios Jóvenes Empresarios do 2016. A gala terá lugar o vindeiro 3 de novembro e nela procederase a entregar o trofeo aos gañadores desta convocatoria que, como noutras ocasións, volverá contar con catro categorías: mellor xoven empresario, mellor iniciativa emprendedora, premio mentor e compromiso social. Para as dúas primeiras categorías, os empresarios interesados deben presentar as súas candidaturas antes do 1 de novembro, día no que o colectivo empresarial se reunirá para decidir o gañador.

A presentación desta quinta edición dos premios tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde tamén se celebrará a gala de entrega, ás 20 horas. Os encargados de falar dela foron o presidente da propia AJE, Lois Babarro, o vicepresidente do colectivo, César González, e o secretario do mesmo, Germán Rodríguez, quen tamén intervíu como gañador da pasada edición dos premios. “É un recoñecemento social, unha vez que o proxecto se pon en valor nun acto como este, a compañía ten unha aceptación diferente”, valorou Rodríguez. El será tamén o encargado de entregar o galardón ao gañador deste ano.

Texto e foto: Sara Fontenla.

Artigos relacionados

Back to top button