PolíticaÚltima hora

Alba Iglesias, nova secretaria xeral de Xuventudes Socialistas de Ourense

Alba Iglesias./ Foto cedida.

 

As Xuventudes Socialistas de Ourense (XSG-Ourense) realizaron unha asemblea ordinaria o pasado sábado onde Alba Iglesias, de 26 anos, ficou proclamada como nova secretaria xeral da agrupación municipal abrindo unha nova etapa coa “mesma ilusión, metas e obxetivos cos que entrei hai 3 anos”.

No encontro, tamén estiveron Brais González, coordinador provincial de XSG; Xurxo Doval, secretario xeral nacional e ex secretario local; e militantes do PSdeG-PSOE de Ourense encabezados pola súa secretaria xeral, Natalia González Beneitez.

Alba Iglesias agradeceulle aos seus compañeiros que lle tiveran confiado a responsabilidade de “liderar un novo proxecto municipal”, sinalando que “a mocidade que nos agrupamos politicamente facémolo dentro dun proceso de formación e de acompañamento, onde a nosa etapa nas Xuventudes Socialistas non é pasaxeira como unha moda, é unha loita constante contra os xigantes que vimos derrubar”.

A moza socialista amosou “a importancia da presenza feminina na organización, xa que nós especialmente temos que continuar ao pé do canón para que ninguén quede atrás, para ter as mesmas oportunidades”.

Alba Iglesias, nada en 1996 en Ourense, é orixinaria do barrio do Vinteún. Estudou dereito na Universidade da Coruña e actualmente compatibiliza os seus estudos de oposición con diversos empregos na cidade.

Xurxo Doval, secretario xeral nacional, despediuse da responsabilidade municipal afirmando que “xuventudes non só é unha escola de vida, tamén debe ser o boulevard dos grandes soños por cumprir”.

Natalia González Beneitez reivindicou “o papel dunha agrupación moza activa que empuxa ao partido a traballar pola xuventude, e que esa debe ser a relación dunha equipa imparable que debera ter unha presenza relevante nas próximas eleccións municipais”.

A nova Executiva tamén está integrada por: Sarai Voces como vicesecretaria xeral; Brais González, secretario de organización; Pablo Rey, secretario de relacións institucionais; Sabela de la Fuente, secretaria de igualdade.

Artigos relacionados

Back to top button