Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Albert Rivera, na cidade das Burgas

O líder nacional de Ciudadanos vén facer campaña a Ourense e deixa claro que apoiará un goberno na Xunta co Partido Popular

O presidente de Ciudadanos (C’s), Albert Rivera, visitou esta mañá de 12 de setembro a cidade de Ourense, onde se deu un baño de masas e mostrou o seu apoio á súa candidata, Cristina Losada. Tamén avanzou que, de darse o caso, a súa formación buscará negociar un goberno estable na Xunta co Partido Popular de Feijóo.

“Nós, se chegamos ao Parlamento galego, imos facer da defensa dos nosos emprendedores unha bandeira”, explicou nunhas declaracións ofrecidas na Alameda da cidade. Alí, entre aplausos espontáneos de siareiros e medios de comunicación, Rivera mostrouse convencido da entrada de C’s no hemiciclo galego e explicou que defenderán a “lei da segunda oportunidade, que significa que quen cae, pódese volver a erguer en España”.

Falou da modernización do sector primario e das infraestructuras en Galicia, posicionouse como clave para a consolidación da data de chegada do AVE á comunidade, prevista para o 2018, e incidiu unha vez máis na defensa dos emprendedores: “O noso grupo parlamentar terá un traballo que realizar, unha bandeira que levantar: a bandeira dos emprendedores, dos autónomos”, dixo.

Foi nese momento cando tamén avanzou que a súa formación en Galicia se mostrará a favor dun goberno co PP. “Imos pedirlle ao goberno do Partido Popular que nesa negociación que teñamos que facer -se somos decisivos para xerar un goberno estable para Galicia- estean os emprendedores, os autónomos e os empresarios.”

Texto e fotos: Sara Fontenla

Artigos relacionados

Back to top button