ConcellosÚltima hora

Alberte Montes actúa mañá en San Xoán de Río

Para o sábado ás 21h. está prevista a cea de Mouruás, con queimada e baile
O actor e humorista galego, Alberte Montes.

Mañá, venres 3 de agosto, o actor e humorista galego Alberte Montes (orixinario dos Anguieiros, no concello de Quiroga), presentará na praza do Concello de San Xoán de Río, un dos seus numerosos monólogos. A actuación será a partires das 21:30h. e forma parte do amplo programa de actividades organizadas para este mes de agosto pola AC RíoMola en colaboración co Concello.

Ademais do monólogo, mañá ás 17h. haberá xogos populares para nenos a cargo da Lito da Deputación de Ourense; e a partires das 23h. no bar Cruceiro disputarase a fase de grupos do campionato de dardos.

Para o sábado 4 de agosto a partires das 21h. terá lugar unha das actividades destacadas do programa: cea e baile de Mouruás. “Linos toma o mando e coa colaboración da AC RíoMola ponse como obxetivo encher a Eira da Moura con este acto aberto a todo o mundo, non só a veciños de Mouruás”, explican dende a asociación cultural. Primeiro terá lugar a cea (empanada, carne, bica e bebida); a continuación realizarase unha queimada co seu esconxuro; e despois dará comezo o gran baile ata que o corpo aguante con música preparada para a ocasión e para todo tipo de gustos. A barra estará montada pola xuventude de Mouruás, e a maiores instalarase un futbolín na praza.

E xa o domingo 5 de agosto, celebrarase a final do campionato de futbolín (bar Couceiro, 17h.) e as semifinais e final do campionato de dardos (23h.).

Artigos relacionados

Back to top button