CulturaCulturaÚltima hora

Alberte Montes presenta en Córgomo (Vilamartín) o seu monólogo ‘Galego pode ser calquera’

A actuación enmárcase no programa de verán 'As noites de Florencio'

 

Continúa o programa cultural de actividades ao aire libre ‘As noites de Florencio’, para manter activo o ano no que o poeta valdeorrés foi o protagonista das Letras Galegas.

E desta volta tocoulle ao actor e presentador Alberte Montes acercarse ata Córgomo, lugar de nacemento de Florencio Delgado Gurriarán no concello de Vilamartín de Valdeorras, para presentar o seu espectáculo ‘Galego pode ser calquera’. Facíao na noite do sábado 13 de agosto na Aira das Guerras, diante dun entregado público que desfrutou co resfrescante humor do monologuista, que poñía así fin á súa ‘xira exprés’ por Galicia.

 

 

Os monólogos de Alberte Montes, actor e humorista natural de Os Anguieiros, Montefurado (Quiroga) e residente en Barcelona, caracterízanse pola súa singular visión da realidade; e tamén por amosar o xeito de ser dos galegos coas súas virtudes e os seus defectos. Neste senso, o recurso dos tópicos ten como obxectivo, non desmontalos nin erradicalos senón transformalos e cargalos de valor. “Historicamente teñen empregado os tópicos para ridiculizarnos e mofarse de nós, feito que explicaría en parte que arrastremos algo de autoxenreira. Eses tempos foron pasando e agora xa somos quen de defendernos con orgullo dese estigma combatendo aos ignorantes, ríndonos dos propios defectos e chufando das nosas diferenzas”, afirmaba Alberte en Córgomo, fachendoso durante o monólogo en Córgomo.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button