DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Alberto Asensio (Adas) imponse na Carreira do Nadal da Rúa

Máis de 50 adultos e máis de 34 cativos participaban nesta edición celebrada na mañá do 22 de decembro

 

Primeiro os andarines e de seguido os corredores. O atletismo regresaba á Rúa na mañá do 22 de decembro coa VIII edición da Carreira e Andaina Popular do Nadal, máis solidaria e reivindicativa que nunca.

Con máis de 200 kg de comisa recollida (que será entrega a algunha organización benéfica), e despois da andaina, pasadas as once e media do domingo comezaba baixo unha persistente chuvia, a carreira na que participaban máis de 50 corredores de diferentes clubs, completanto o percorrido urbano (dúas voltas a dous quilómetros polo centro da vila) recurtado pola organización por culpa do mal tempo. Como xa fixeran na saída da andaina, os participantes suxeitaban na saía unha pancarta contra a violencia machista.

 

Julio López é un clásico desta carreira.

 

Con respecto aos resultados, o primeiro en cruzar a liña de meta era Alberto Asensio Campazas, seguido por Pacho García Pérez e Marco Paulo Rodríguez Pinto, os tres do Club Adas. Na categoría feminina, a primeira foi Inés Docampo Gamarra (Adas), seguida por Elena Domínguez González e Carmen García Cuevas. Os primeiros atletas locais foron José A. Sanz Diéguez e Natalia Marcela Marica.

Despois da carreira absoluta, sairían as de categorías base con máis de 34 cativos participantes. Esta VIII Carreira e Andaina Popular do Nadal da Rúa está organizada por Valdemove, o Club Adas e o Concello da Rúa en colaboración coa Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA).

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/a-viii-andaina-popular-do-nadal-da-rua-estivo-marcada-pola-chuvia-e-a-solidariedade/

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button