CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Alberto Vilas presenta “Naialma” no VII Ciclo “Petiscos Musicais” en Allariz

 

“Íntimo e persoal”. Son os adxectivos cos que o compositor e pianista Alberto Vilas define o seu novo traballo “Naialma”, con temas que “foron crecendo ao longo do tempo”. Presentábao na tarde do 13 de marzo na sede da Fundación Vicente Risco, en Allariz. Con el encetábase ademais o programa do “VII Ciclo de Música de Cámara, Petiscos Músicais”.

Este proxecto musical, que promove esta fundación, xurdía no 2015 da mán da profesora de piano Cristina Vázquez Canal. Trátase dun ciclo anual que inclúe catro concertos (un por cada estación do ano) e que tivo unha gran acollida entre os amantes da música de cámara.

O segundo concerto desta edición está previsto para o 12 de xuño. Será no patio interior da Fundación Vicente de Risco e nel contarase co dúo de trompetas Roberto Iglesias e Carlos Cortés.

Fotos cedidas pola Fundación Vicente Risco.

Artigos relacionados

Back to top button