PolíticaÚltima hora

Albino G. Quinteiro encabeza a candidatura socialista ás municipais en Río

Entre as medidas do seu programa electoral figuran a “repoboación do concello, facilitando a radicación de novos veciños”
Candidatura socialista ás eleccións municipais en Río./ Foto cedida.

Cunha lista renovada e encabezada por Albino Gerardo Quinteiro preséntase o PSdeG-PSOE ás vindeiras eleccións municipais do 26 de maio en En San Xoán de Río. “Para esta candidatura o máis importante é o que se propón facer en caso de que conte co apoio dos veciños”, din os socialistas que consideran prioritarias proxectos como “a repoboación do concello, facilitando a radicación de novos veciños, mediante a actuación na mellora das instalacións, na conexión a Internet de banda ancha e na difusión das potencialidades que ten un concello de montaña, cercano á estación invernal de Manzaneda”.

Tamén propoñen os socialistas de Río a potenciación “da asistencia domiciliaria, reforzando e mellorando os servizos públicos”, o “fomento do aforro enerxético, potenciando o alumeado LED”, a axuda na prevención de incendios forestais “mediante desbroce de camiños veciñais”, “promover a cesión de fincas na Fraga para o aproveitamento da castaña (Banco de Terras)”, a creación dun parque infantil ou a promoción do aproveitamento dos residuos das limpezas forestais en contacto con empresas de biomasa.

En materia de posta en valor turística o programa do PSdeG-PSOE en Río recolle a elaboración dun plan de utilización das instalacións do albergue Os Biocos “cando finalice a concesión en vigor”, a promoción do sendeirismo, “potenciando as rutas existentes e creando outras novas” e a reforma das instalacións deportivas.

Tamén mencionan, entre outras iniciativas, a potenciación das enerxías renovables ou a renegociación dos dereitos de explotación da canteira de “Cabanas”. Os socialistas consideran que se trata dun “programa moi ambicioso, pero que é realizable”.

 

Candidatura do PSdeG-PSOE en Río

 

Artigos relacionados

Back to top button