Albino Quinteiro, candidato socialista á alcaldía de San Xoán de Río

O novo cabeza de lista xa formou parte da anterior candidatura do PSdeG nas locais

Albino Quinteiro, novo cabeza de lista do PSdeG en San Xoán de Río.

A agrupación municipal socialista de San Xoán de Río elixiu a Albino Gerardo Quinteiro González como o seu candidato á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. O novo cabeza de lista xa formou parte da anterior candidatura e será “a aposta da militancia da vila para acadar á alcaldía e co pensamento enfocado na veciñanza e non en intereses persoais como acabou acontecendo co alcalde tránsfuga”, segundo os socialistas.

Albino Quinteiro explica que se presenta as eleccións porque “quero traballar polos nosos veciños e veciñas e darlle un futuro ao noso municipio”. Aposta por “potenciar todo aquilo que é referente en San Xoán de Río coma é o caso dos montes e dos recursos paisaxísticos. Somos uns privilexiados por vivir onde vivimos e contamos cun albergue que debe ser potenciado en condicións xa que conta cunha cúpula de observación das estrelas e temos un ceo perfecto e sen contaminación luminosa para explotar este recursos, por non falar das grandes instalacións que teñen Os Biocos e que debemos seguir explotando para fomentar a chegada de visitantes”.

O candidato apunta que “o obxectivo dos socialistas de San Xoán de Río e traballar en favor da veciñanza e non de intereses persoais e conseguir melloras que repercutan directamente sobre as veciñas e os veciños. Os eixes da miña candidatura serán o traballo por un municipio no que levo vivindo moitos anos e o que lle teño gran agarimo”.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies