ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O alcalde de Vilamartín pecharase a partir do 7 de marzo no Concello para pedir o arranxo da estrada a San Vicente

Anunciabáo neste mesmo pobo, rodeado por veciños e acompañado por alcaldes valdeorreses e por dous deputados provinciais do PSdeG

A partires do 7 de marzo o alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez Barreiro, pecharase de forma indefinida no Concello para pedir o arranxo da estrada de San Vicente. “Chegada esta situación non temos máis remedio que empezar a facer isto para que se visibilice un problema que temos dende hai 25 anos. Nós queremos ver máquinas traballando na estrada”, dicía o rexedor nunha rolda de prensa celebrada no local social do pobo (antigas escolas).

 

Un dos momentos da rolda de prensa.

Neste acto estaba acompañado por un grupo de veciños do pobo, así como polos deputados provinciais socialistas Francisco Fraga e Miguel Bautista, tamén alcalde de Petín, e polos rexedores do Barco e A Rúa,  e polo tenente de alcalde barquense, entre outras persoas.

“A Deputación o que nos achega son os traballos que se fixeron nos dous últimos anos. O proxecto está aquí pero de pouco me vale que teñamos un proxecto se non o levamos a cabo. Eu entendo que todo isto ten uns pasos e que a Administración vai despazo, pero non son eu quen ten que estar defendendo ás Administracións, quen ten que dar explicacións é a Deputación. Que o seu presidente veña a San Vicente, que vexa a realidade e que diga o que teña dicir”.

 

O acto contaba coa asistencia dalgúns dos veciños do pobo.

O voceiro do PSdeG na Deputación, Francisco Fraga, amosáballe a Enrique Barreiro o respaldo do grupo socialista e o alcalde de Petín anunciaba que se solidarizaba con el e que o acompañaría nese peche, que só deixaría para cumprir coas funcións como deputado na Deputación.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button