OurenseÚltima hora

Alcer Ourense reparte entre o seu colectivo máis vulnerable, mascarillas doadas polo Concello

Ata a actualidade a asociación realizou cerca de 300 atencións telefónicas a asociados

 

Ao longo da pasada semana, a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades Renais de Ourense (ALCER Ourense) levou a cabo o reparto de mascarillas cirúrxicas doadas polo Concello de Ourense, a través da Concellería de Política Social, para os seus socios máis vulnerables á pandemia do Covid-19.

Neste colectivo atópanse tanto persoas con enfermidade renal que están con seguimento en consulta de cronicidade avanzada, como persoas a tratamento de diálise, hospitalaria ou domiciliaria, e persoas inmunodeprimidas pola medicación que toman para evitar o rechazo do órgano transplantado. Tamén moitas persoas deste colectivo, sumada á enfermidade renal, teñen diabete ou atópanse entre o colectivo de persoas maiores, feito que suma unha dobre vulnerabilidade.

Por iso, durante esta situación excepcional provocada polo coronavirus, Alcer está realizando un seguimento telemático de todos os seus socios, dando ademais apoio social e psicolóxico, este último a través dunha consulta telefónica e un grupo de apoio. “Ata a actualidade realizáronse cerca de 300 atencións telefónicas a asociados”, din dende a asociación, actividades enmarcadas dentro no Programa de orientación e apoio social na enfermidade renal crónica a persoas vulnerables ao Covid-19, financiado pola Deputación de Ourense e o Concello de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button