DeportesÚltima hora

Aldara Basteiro e Adriana Reguera (Adas), terceiras en altura e martelo no galego de clubs

 

Nas primeiras probas disputadas no Campionato de Galicia absoluto de clubs, que se está a desenvolver no Barco o Club Adas Proinor (que compite na categoría feminina), sumaba xa un total de 12 puntos da man das atletas Aldara Basteiro e Adriana Reguera.

Así a vianesa Aldara Basteiro Nieves quedaba terceira no salto de altura feminino, cunha marca de 1.51 m, o que lle reportaba ao Adas 6 puntos. Pola súa banda, Reguera lograba outro terceiro posto no lanzamento de martelo (outros 6 puntos) cun rexistro de 42.35.

A competición continuará pola tarde a partir das 16h.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información:
https://www.osil.info/o-barco-epicentro-do-atletismo-galego-absoluto/
https://www.osil.info/o-barquense-jose-fernandez-segundo-nos-5-km-marcha-no-galego-de-clubs/

Artigos relacionados

Back to top button