ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Alejandro Ciurluini viste de cor Sober

Este artista está a mudar a face de diverso mobiliario urbano desta localidade

Desde hai unhas semanas Alejandro Ciurluini, pintor de orixe arxentina residente en Sober, decora bancos e papeleiras desta localidade lucense. Ademais está finalizando o pintado de todos os aparatos e o peche do parque infantil próximo ao Concello de Sober. Co seu traballo está a darlle un singular toque de cor a diverso mobiliario urbano deste municipio. Este artista está contratado polo Goberno local a través dun programa para a inserción laboral da Xunta de Galicia.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, avanza que nos vindeiros días o pintor continuará co seu labor noutro equipamento urbano de diferentes parroquias. Os traballos teñen como base diferentes motivos relacionados coa Ribeira Sacra, como o viño, os petroglifos ou a música. Fernández Guitián explica que os seus traballos “conseguen captar a atención de veciños e visitantes pola súa cor e calidade”.

Artigos relacionados

Back to top button