DeportesÚltima hora

Alejandro Fernández, do Adas, gana a VIII Carreira Popular de Monforte

Alejandro Fernández (Adas Proinor), no podium da Carreira Popular de Monforte./ Foto cedida polo Concello de Monforte de Lemos.
Alejandro Fernández (Adas Proinor), no podium da Carreira Popular de Monforte./ Foto cedida polo Concello de Monforte de Lemos.

Triunfo ourensán na oitava edición na proba de adultos da Carreira Popular do Concello de Monforte de Lemos, que se celebraba na mañá do 3 de abril nesta cidade lucense. Alejandro Fernández Rivera, do Club Adas Proinor, impoñíase cunha vantaxe de case un minuto sobre o segundo clasificado, David Santos (C.A.F. Celta), ao rematar os 7 quilómetros de percorrido cun tempo de 00:20:48. En terceiro lugar cruzaba a meta Lekhili Hassan (Ourensrunning).

O alcalde de Monforte, nun dos momentos da entrega de premios./ Foto: Concello de Monforte de Lemos.
O alcalde de Monforte, nun dos momentos da entrega de premios./ Foto: Concello de Monforte de Lemos.

Esta competición absoluta, con saída e meta da rúa Compañía, reunía a uns 320 atletas. A carreira de Monforte incluía tamén probas para categorías base.

Artigos relacionados

Back to top button