ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Alejandro Fernández (Adas) vence no provincial de campo a través da Rúa

A competición desenvolvíase na mañá do 10 de xaneiro con máis de 200 participantes na área recreativa do Aguillón

Pese á forte chuvia, o VIII Cross de Reis da Rúa, que nesta edición era tamén campionato provincial de campo a través, desenvolvíase a partires das 10:30h. da mañá do 10 de xaneiro no Aguillón cunha participación de máis de 200 atletas (entre as categorías base e de adultos).

Na carreira absoluta o ourensán Alejandro Fernández, que nesta tempada corre coas cores do Club Adas-Proinor, facíase co título, tras invertir un tempo de 25:01 en completar o trazado. Tras el entraba en meta Rubén Diz (S.X. Pontevedra) e o terceiro posto correspondíalle a outro corredor do Adas, Alejo Ares Prada.

Na categoría feminina o Adas dominaba o podium: Eva Arias ganaba a cita, mentres que o segundo e o terceiro posto correspondíanlle, respectivamente, a Joanna Filipa Pereira e a Iria Fernández.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button