CulturaCulturaÚltima hora

Alejandro Mínguez presenta o seu libro sobre micoloxía no Barco

O acto está enmarcado nas Xornadas Micolóxicas de Outono que organizan na vila os establecementos Galileo e La Maltería
Portada do libro "En el país de las setas", que se presentará no Galileo do Barco.
Portada do libro “En el país de las setas”, que se presentará no Galileo do Barco.

Coa presentación do libro “En el país de las setas” de Alejandro Mínguez clausuraranse as Xornadas Micolóxicas Outono 2014 que organizan os establecementos barquenses de hostalaría Galileo e La Maltería. A cita terá lugar o xoves 30 de outubro ás 20:30h. no Galileo. Tras o acto, haberá unha nova degustación de cogomelos (o prezo da degustación completa será de 8,5 euros, mentres que o custe por pincho será de 0,60 euros), segundo se informa dende este local.

Estas xornadas comezaban o pasado 18 de outubro cunha charla sobre “Cogomelos de Valdeorras na cociña” a cargo do micólogo Cristóbal Ruiz Leivas, seguida dunha degustación. Ademais durante a semana do 20 ao 26 de outubro as persoas que se achegaban por La Maltería descubrían que nos pinchos que diariamente se serven neste céntrico local tiñan un protagonismo de seu os cogomelos.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close