DeportesÚltima hora

Alejo Ares (Adas), bronce no campionato de España de 10 km ruta

Ademais os equipos masculino e feminino absoluto do club valdeorrés quedaban cuartos nesta cita nacional
O valdeorrés Alejo Ares, co bronce no podio nacional de 10 km ruta./ Foto: Club Adas.

O atletismo valdeorrés segue facendo historia e conquistando podios. Neste caso facíao ao nivel nacional, no Campionato de España de 10 km en ruta co bronce conquistado por Alejo Ares (Adas Proinor), quen rompía os pronósticos e subíase ao podio absoluto, facendo ademais a súa mellor marca persoal con 30’04”. Para o Adas trátase dun resultado “histórico”.

 

O equipo M40 do Adas, subcampión de España, no podio./ Foto: Club Adas.

 

Ademais, xunto a el puntuaban nesta cita, disputada nesta fin de semana en Iurreta Durango, os seus compañeiros Alfonso Mendoza e Pepe Márquez e iso permitíalle ao Adas lograr a cuarta posición absoluta masculina por equipos. En categoría feminina, o equipo encabezado por Sandra Mosquera acompañada por Joana Monteiro, Iría Fdez e Paula Santos tamén se situaba cuarto. Asemade na categoría M40, os veteranos do Adas conseguían o subcampionato de España.

 

Atletas do Club Adas nesta cita nacional./ Foto: Club Adas.

 

Por outra banda, Leticia Fernández Barbosa, convertíase en subcampiona de España en Milla en ruta na illa de Palma.

 

Artigos relacionados

Back to top button