DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Alejo Ares (Adas Proinor) imponse na carreira absoluta da Veiga

Unhas 130 persoas participaron na IV Carreira e Andaina Popular Trevinca celebrada o 18 de agosto

A praza do Concello da Veiga foi o punto de saída e meta da IV edición da Carreira e Andaina Popular Trevinca que reunía a unhas 130 persoas aproximadamente, segundo a organización, na tarde do 18 de agosto.

Preto de corenta eran os participantes na carreira absoluta na que o valdeorrés Alejo Ares Prada (categorías sénior) do Club Adas Proinor subía ao alto do podio logo de completar o percorrido nun tempo de 24:55. Segundo era o ourensán Pepe Mira (máster B) do Club Burgas que entraba en meta dous minutos despois; e terceiro José Manuel García Pérez (máster M) de Veigamuíños que chegaba 25 segundos despois.

Os valdeorreses do Adas, Alberto Asensio Campazas e Marco Rodrígues Pinto eran segundo e terceiro respectivamente na categoría máster A. Tamén houbo carreira de categorías inferiores, dende sub 10 ata sub 16 na que participaron 22 cativos.

Fotos cedidas excepto a última da galería que é de A.R.

Artigos relacionados

Back to top button