DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Alejo Ares do Club Adas, imponse na III Carreira Popular Trevinca-A Veiga

Máis dun cento de corredores participaron nas diferentes probas atléticas celebradas na tarde do 19 de agosto

Marcada pola intensa calor de mediados de agosto, ás sete da tarde do sábado día 19 arrancaba na praza do Concello, a III edición da Andaina Popular Trevinca-A Veiga. Baixo o arco de saída 42 andarines que percorreron preto de 10 quilómetros polo municipio valdeorrés.

Quince minutos despois saían os 42 corredores inscritos na Carreira. Uns 7,800 quilómetros de percorrido despois, o  primeiro en cruzar a liña de meta era  Alejo Ares Prada do Club Adas Proinor, que empregaba un tempo de 22,47; segundo era Iván Fernández Rodríguez tamén do Adas; e terceiro, Carlos Gómez Vázquez de Meda. Con respecto ás féminas, a primeira en chegar era Zulema González González de Ourense, seguida por Marta Ballesteros Fernández do Adas Proinor e Cristina Rodríguez Villar de Verín.

Ademais da absoluta, tamén houbo participación nas categorías inferiores con máis de 30 cativos correndo.

A proba, organizada polo Concello da Veiga, tiña ademais un carácter solidario colaborando, coa venda de camisetas, pulseiras e panos, coa Asociación Galega de Afectados pola ELA. Unha porcentaxe das inscricións tamén irá destinado á asociación.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button