ConcellosÚltima hora

Alerta amarela para o domingo por tormenta e pedra en Valdeorras e na montaña ourensá

Fonte: AEMET.

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMT) vén de emitir unha alerta amarela por tormentas para a tarde do domingo 25 de agosto na comarca de Valdeorras e nas zonas de montaña da provincia de Ourense. Segundo as previsións, hai risco de treboadas acompañadas de pedra entre as 15h. e as 23h. cunha probabilidade entre “un 40% e un 70%”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button