ConcellosÚltima hora

Alerta amarela por altas temperaturas en Valdeorras nesta fin de semana

A AEMET prevé que na comarca se alcancen os 36 graos tanto o sábado e como o domingo

Termómetro marcando 37º no centro do Barco.

 

A comarca de Valdeorras estará durante a fin de semana en alerta amarela por altas temperaturas. Os ceos despexados e o sol estival provocarán temperaturas máximas de 36 graos no val do Sil tanto o sábado como o domingo, cun 40-70% de probabilidade. Os valores máis altos acadaránse nas horas centrais do día, entre as 13:00 e as 19:00 horas.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o sábado, practicamente toda a provincia de Ourense permanecerá en alerta con avisos para o noreste, a zona do Miño, e as terras sudoccidentais, ademais de Valdeorras. Nas comarcas do sur de Lugo tamén se alcanzarán máximas de 36 graos. O domingo, só continuará a alerta nos vales do Miño e do Sil.

 

Imaxe coas alertas amarelas en Galicia para o sábado 18 de xullo. / Fonte: AEMET.

 

Artigos relacionados

Back to top button