ConcellosOurenseÚltima hora

Alerta amarela por baixas temperaturas en Valdeorras e na montaña ourensá

Mapa de avisos amarelos en Galicia da Aemet para mañá 6 de xaneiro./ Foto: Aemet.

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) vén de activar o aviso amarelo por baixas temperaturas para o 6 de xaneiro en Valdeorras, na montaña de Ourense e no sur da provincia. No caso da comarca valdeorresa prevese que os termómetros cheguen aos 4 graos baixo cero, mentres que na montaña ourensá e no sur da provincia a previsión de Aemet indica que poderían descender ata os 6 graos baixo cero.

Ademais, no caso da montaña ourensá e do sur de Ourense, Aemet mantén activada esta alerta amarela tamén o 7 de xaneiro, cunha previsión de menos 6 graos e menos 4 graos, respectivamente.

 

Artigos relacionados

Back to top button