ConcellosÚltima hora

Alerta amarela por tormentas en Valdeorras e na montaña ourensá

O fenómeno meteorolóxico adverso prevese para mañá, venres 8 de maio, dende media mañá

Tormenta no Barco de Valdeorras. /Foto: A.R.

 

Dende media mañá do venres día 8 de maio e ata última hora da tarde, prevese un fenómeno meteorolóxico adverso por tormentas para as provincias de Lugo e Ourense (montaña e Valdeorras), que irá acompañado de chuvias que poden acadar os 15mm nunha hora, segundo informan dende a AEMET.

Este tipo de alertas de nivel amarelo indica que nas zonas afectadas prevense chuvias e/ou ventos localizados fortes, con granizo inferior a 2 cm, como tamén tormentas de intensidade superior de xeito puntual (Plan de Meteoalerta).

Aconséllase extremar as precaucións e consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Artigos relacionados

Back to top button