OurenseÚltima hora

Alerta amarela por vento na montaña ourensá

Avisos amarelos da Aemet neste 29 de xaneiro./ Fonte: Aemet.

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) ten activado un aviso amarelo por vento na montaña de Ourense, no sur e no nororeste da provincia a partir desta noite e ata o sábado 30 de xaneiro. Así no caso da montaña de Ourense prevense (cunha probabilidade de 40%-70%) refachos máximos de 80 km/h do vento do suroeste e oeste a partir das 20h. do 30 de xaneiro.

Tamén está activado o aviso amarelo por vento no sur de Ourense e no noroeste, onde se esperan rachas máximas de 70 km/h. de vento de suroeste e oeste.

Artigos relacionados

Back to top button