OurenseÚltima hora

Alerta laranxa por tormentas e chuvia na montaña ourensá neste mediodía

Poderanse producir precipitacións acumuladas de ata 30 mm nunha hora, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía. No caso de Valdeorra está activado o aviso amarelo
Tormenta no Barco./ Foto: A.R.

A partires das 13 horas desta tarde de luns 8 de xullo a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activará a alerta laranxa por tormentas e chuvia na zona da montaña de Ourense, tal e como se vén de informar dende este departamento autonómico.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), “poderanse producir precipitacións acumuladas de ata 30 mm nunha hora. Na zona do Miño, Sur e Valdeorras estará tamén activado un aviso amarelo por tormentas e choivas durante a xornada de hoxe”.

Aconséllase extremar as precaucións e consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

 

Artigos relacionados

Back to top button