ConcellosÚltima hora

Alerta laranxa por tormentas nas zonas de montaña ourensás e amarela no resto da provincia

Treboada na tarde do 20 de xuño no Barco./ Foto: A.R.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por tormentas na montaña de Ourense e alerta a amarela no resto desta provincia, así como no sur da provincia de Lugo.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), “a partir das 11 horas actívase a alerta laranxa por tormentas na montaña da provincia de Ourense que pode ir acompañado de fortes rachas de vento e precipitacións intensas”. no Noroeste, Miño, Sur e Valdeorras da provincia de Ourense e no sur de Lugo está activada a alerta amarela.

Dende a Xunta aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Artigos relacionados

Back to top button