OurenseÚltima hora

Alerta laranxa por vento na provincia de Ourense, onde regresa a neve

 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por vento nas catro provincias galegas.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso de vento comezará na noite de hoxe e afectará ao interior, o suroeste e o sur da provincia da Coruña; o centro, as zonas de montaña e o sur de Lugo; así como a totalidade das provincias de Ourense e Pontevedra. Agárdanse refachos de vento do oeste que poden acadar rachas máximas de 120 quilómetros por hora, sobre todo nas provincias de Pontevedra e Ourense.

A Xunta lembra que, co vento, o mobiliario urbano pode desprazarse e os restos de árbores e pólas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación. Tamén se lle recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e obxectos susceptibles de desprazarse co vento.

Neve na montaña ourensá

De cara á mañá 2 de marzo continuarán as chuvias e tamén se esperan nevadas a 600 metros. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), poderá producirse unha acumulación de neve en 24 horas de 5 cm. Espérase 5 cm ou máis por encima de 900 m.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button