Alerta vermella na montaña ourensá por forte vento
10 de Decembro de 2017
Recoméndase extremar as precaucións xa que a partires das seis da tarde espéranse rachas que poden acadar os 140 km por hora nestas zonas da provinciaMapa das zonas con alerta vermella./ Fonte: Aemet.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 18 horas de hoxe elévase o nivel de alerta a vermello por forte vento e choiva na montaña de Ourense e na montaña de Lugo, con rachas de vento do oeste e suroeste que poden acadar os 140 km/h.
Dende a Xunta de Galicia recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección, entre elas, vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
Espérase que este episodio meteorolóxico adverso remita na madrugada do luns.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.