CulturaCultura

Álex O’Doherty trae as risas este sábado ao “Carballiño Comedy 2”

Álex O’Doherty

Álex O´Dogherty, un dos humoristas máis polifacéticos do mundo artístico español estará este sábado, 4 de marzo, no auditorio municipal, para ofrecer a cuarta entrega dos monólogos do ciclo “Carballiuño Comedy 2”.

O´Dogherty ten un extenso currículo ás súas costas; é actor, compositor, presentador e cómico. Ten intervido en máis de 30 películas e outros tantos programas e series de televisión, ademáis dunha ducia de obras de teatro. Pero este humorista é tamén músico, e compuxo bandas sonoras de películas e música de obras treatrais.

Unha mistura de todas estas facetas poderán verse e escoitarse durante a súa actuación deste próximo sábado, que comezará ás 21,00 h.

Artigos relacionados

Back to top button