OurenseÚltima hora

Alexis Viéitez imponse en Xunqueira de Ambía

A VI edición da subida celebrábase na fin de semana do 24 e 25 de agosto

Alexis Viéitez, vencedor da VI Subida Xunqueira de Ambía.

 

Cunha intensa pelexa polo tiítulo entre os principais protagonistas do certame galedo de montaña esta tempada, remataba a VI Subida Xunqueira de Ambía celebrada esta fin de semana. Por un lado Alexis Viéitez cun Fórmula Dicode FR e pola outra Pablo Rey cun Fórmula Outeda MK. Sen esquecer a un Martín Villar que “estivo tamén moi preto co seu BRC 05 Evo dos dous protagonistas da fin de semana”, puntualizan dende a organización.

Unha fin de semana con dúas xornadas ben diferentes. A do sábado, marcada pola intensa calor e a do domingo baixo a treboada. Ao final importante vitoria de Viéitez de cara ao certame que lidera, seguido por Rey.

 

Manolo Senra impúxose en carrozados.

 

En carrozados, Manolo Senra non o tivo difícil para impoñer o seu Peugeot 306 Maxi ante o Ford Escort MK1 de Javier Carballo, completando o podio de turismo Toño Gómez co Citroën DS3 N5. Na categoría de regularidade o triunfo sería para José Luis Suárez e José María Magdaleno a bordo do seu BMW 535i.

Os tempos e as clasificación poden consultarse na web: http://temposfga.eu

Artigos relacionados

Back to top button